Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de marzo

11.00 h a 14.00 h
Na Praza do Toural instalarase unha carpa con motivo do Día Mundial do Consumidor no que participarán representantes da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), Unión de Consumidores de Galicia, ADICAE e Euroconsumidores.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co presidente da Asociación da Área Empresarial do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, e co xerente, José Manuel Beceiro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar a Festa da Uña de San Lázaro.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, de Cardigan Bridge e de Patricia Moon para presentar o concerto 'Palabra de Muller' que se celebra o mércores 21 no Teatro Principal con Rebeca Jiménez, Cardigan Bridge, Jane Joyd e Patricia Moon.

12.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música.

12.30 h
En Fontiñas (rúa Berlín), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita, xunto co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, as obras dos novos xulgados.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar os Premios do Comercio Compostelán 2012.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa Compostela Cine Classics´12, xunto con Patricia Fra López, profesora titular da USC experta en literatura e cine.

18.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, fai entrega dos premios do concurso de debuxo do Día da Árbore e da Auga, no que participaron os alumnos dos colexios Quiroga Palacios e Divino Maestro.

19.30 h
Na Sede da Confederación de Empresarios de Galicia (Rúa do Vilar, 54), presentación do libro "La catedral de Santiago en época contemporánea". Asisten:
Xerardo Conde Roa, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago.
Irene Mera Álvarez, autora do libro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Josep Pons con Jane Irwin, mezzosoprano.

Compartir: