Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Sanidade e Consumo, Amelia González, para presentar os actos con motivo do Día Internacional do Consumidor.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, para presentar os actos con motivo do Día da Árbore e da Auga.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e de Chema Madoz para presentar 'Ars Combinatoria', exposición de Madoz que se inaugura esta mesma tarde no Auditorio de Galicia, Na rolda estará tamén a comisaria da mostra Oliva María Rubio.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

14.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da convocatoria.
2.- Dar conta da remisión ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas da certificación prevista nos artigos 3 e 4 do Real Decreto Lei 4/2012 de 24 de febreiro.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, inauguración da exposición 'Ars Combinatoria' de Chema Madoz, coa presenza do propio artista ademais do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e a comisaria da mostra, Oliva María Rubio.

Compartir: