Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 1 de marzo

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Emprego, Paula Prado, para presentar as Xornadas de Eficiencia Enerxética.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e do voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera.

12.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música.

12.00 h
Na Casa do Concello, visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, ao alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Xosé Baqueiro, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
Na sede da CEG (Confederación de Empresarios de Galicia, rúa do Vilar 54), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa, presenta o libro "Santiago Monumental. Apuntes de Segundo Hevia". Asisten Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Segundo Hevia, acuarelista e autor dos apuntes e Luis Posse, coordinador da publicación.

20.30 h
Na Zona "C", 'O texto como pre-texto', mostra do obradoiro de creación escénica de Cámara Negra.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. Kolja Blacher, violín.
21.00 h
Compostela Rock
Na Sala Capitol, Cooper (León, power pop) fai a presentación en Galicia o seu novo disco 'Mi universo' dentro do Compostela Rock.

Compartir: