Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 30 de decembro

11.00 h
Translación 2019
Ofrenda da Translación dos Restos do Apóstolo Santiago.
Delegado rexio: Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.
11.00 h.- Entrada da Forza na praza do Obradoiro.
11.20 h.- Chegada do delegado rexio á praza do Obradoiro.
11.35 h.- Chegada á Igrexa de San Francisco e comezo da cerimonia relixiosa.
13.10 h (aprox).- Recepción no Pazo de Raxoi.

17.00 h e 19.00 h
No Teatro Principal, O Mago de Oz, de Avento Producións. Comedia musical e adaptación teatral do clásico O mago de Oz. De balde, previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal o día 28 de 18 a 21 h, o día 29 de 16.30 a 18 h e o día 30 de 15.30 a 19 h.

NOTA: subirase á web municipal nota de prensa cos acordos da Xunta de Goberno Local.

Compartir: