Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o Programa Hildegarda: "As mulleres na tradición cristiá. Xornadas para un diálogo feminista". Na rolda tamén estarán Inés Salvado e Lorena Conde, da compañía organizadora A Feroz.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o concerto de Nadal da Banda Municipal de Música coa Escolanía e o Coro Cardeal Quiroga da Catedral. Na rolda estarán tamén Casiano Mouriño, director da Banda; e José Luis Vázquez, director dos coros.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Barrios, Javier Fernández, para presentar a festa de Nadal de Barrio Xardín. Na rolda tamén estarán, por parte do colectivo, Lola Puerta e Guillermo Caldera.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o IX Campus Vero Boquete. Na rolda tamén estará a futbolista.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do Premio de Investigación sobre o Traxe Galego Antonio Fraguas.

20.00 h
No Salón Carlos V do Hotel Monumento San Francisco, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación do libro "El franciscanismo en Galicia: ayer y hoy de su patrimonio histórico", de José Manuel García Iglesias.

Compartir: