Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 7 de outubro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

17.00 h
No parque das Ciencias Isidro Parga (San Roque), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, asisten ao acto de homenaxe ao químico Tomás Batuecas, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galicia.

Compartir: