Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 30 de outubro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘"A gata con zocos", concerto didáctico da Banda Municipal de Música e A Cova das Letras.

11.00 h
Na Casa do Concello (salón anterior ao vermello), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, fan entrega aos responsables das funerarias Apostol Santiago, Casablanca e Albia do "Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios".

11.30 h
Na Cidade da Cultura (Sala Eisenman), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á rolda de prensa de presentación do XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares, que se celebra esta fin de semana no Auditorio de Galicia.

12.00 h
Na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (San Lázaro), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa conselleira, Ángeles Vázquez. (SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate).

19.30 h
No Museo do Pobo Galego (salón de actos), presentación do libro "Notas compostelás" de Antón Fraguas. Asisten; Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; Antón Vidal Andión, presidente da Editorial Galaxia; Xusto Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, conversa aberta ao público coa deseñadora Uqui Permuy e varias das artistas que amosan o seu traballo na mostra "Invisible Wom@rts", que se inaugura a continuación.

20.30 h
Na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración de 'Invisible Wom@rts', mostra que se enmarca dentro do proxecto europeo Wom@rts que lidera o Auditorio de Galicia. Participan tamén a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; e as artistas Shelag Honan (Irlanda), Korina Hunjac (Croacia), Melinda Kostelac (Croacia), Ana Pecar (Eslovenia) e as galegas Haya Blanco, Mery Pais e Teresa Búa.

Compartir: