Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local..

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.45 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o representante de Taiwan en España, José María Liu.

13.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños do Castiñeiriño.

Compartir: