Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 18 de setembro

10.45 h
Na praza do Obradoiro, recepción a Bernardo Cortés, funcionario do Concello de Nerja (Málaga), que emprendeu un reto solidario a través do cal leva recadados 30.000 euros para a AECC percorrendo en bici o Camiño de Santiago dende Nerja.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi.

11.05 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da campaña A Tribo, unha intervención integral que pretende fortalecer as capacidades das e dos mozos en risco de exclusión, tanto dende o ámbito educativo como psicosocial. Asisten:
Noa Díaz, concelleira de Educación de Santiago de Compostela
Lorena Seijo, coordinadora de AGARESO
Carlos Rosón, director de IGAXES
Anxo Pérez, responsable de comunicación en Galicia de "La Caixa"
Pablo Cabarcos e Ismael García, dous dos protagonistas da campaña.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, saúdan os nenos e nenas que están a participar na xincana organizada con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local. Na rolda tamén estarán Arturo Ouro e Lisardo Pardo de Vera, de Ourives de Compostela.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co director de Cáritas, José Anuncio Mouriño.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con Xosé Antón Rodríguez, profesor de Economía da USC.

19.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, "RFG na cidade", concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, cun programa con obras de Elgar, Beethoven e Bizet.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto inaugural do Ciclo de Lied co baixo-barítono italiano Luca Pisaroni e o pianista polaco Maciej Pikulski, que interpretarán lieder de Schubert, Reichaedt e Beethoven.

Varios lugares e horas
Dende as 12 h e ata ás 20 h, Visitas Guiadas a diferentes espazos da cidade, dentro da Semana do Patrimonio Invisible.

Compartir: