Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 26 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar a 7ª Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia. Na rolda tamén estará Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia; Javier García, xerente de ASPAS; e un deportista desta asociación que participa na marcha.

12.00 h
No parque de Galeras, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa para presentar a Festa do Deporte 2019.

19.00 h
Na Praza das Praterías, "Hermandades. Galicia e Portugal", concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño e Filipe Cunha, cos cantantes Catarina Araujo e Miguel Oliveira.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Joana Carneiro, dentro do Programa de Abono. Previamente, ás 19.45 h, Conversando con… a propia Carneiro na Sala Mozart do Auditorio.

17.00 h
Pleno ordinario (NOTA: haberá streaming)
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do 29 de xullo, extraordinaria do 9 de agosto e extraordinaria e urxente do 5 de setembro, todas deste ano 2019.
2.- Toma posesión do cargo de concelleira.
3.- Proposta da alcaldía de determinación de festivos locais para o ano 2020.
4.- Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM nas disposicións transitorias 2ª e 12ª. Plan parcial de Fontiñas e PERIS de Concheiros, Vieiro e Outeiro.
5.- Aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2. Área deportiva de San Lázaro.
6.- Ampliación de usos permitidos na reserva de equipamento EU-9. Rúa de Casas Reais, 8 (antigo Banco Simeón).
7.- Proposta de nomeamento de vogais da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.
8.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, sobre a aprobación dun pacto polo rural para garantir o investimento nas parroquias de Santiago.
9.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, para desenvolver unha planificación das residencias escénicas na Sala Agustín Magán.
10.- Proposición do grupo municipal do BNG, para a creación da comisión especial da memoria histórica.
11.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a modificación das normas que regulan as actividades artísticas e artesanais na vía pública e o control da súa aplicación.
12.- Dar conta da execución orzamentaria correspondente ao segundo trimestre do ano 2019.
13.- Dar conta de escrito do grupo municipal do Partido Popular designando portavoz.
14.- Dar conta de resolución da alcaldía.
15.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
16.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Compartir: