Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 7 de xuño

ENVIARASE NOTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

12.45 h
No edificio CIEDUS (Avenida das Ciencias, s/n), a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo en funcións, Marta Lois, asiste á inauguración da I Feira de emprendedoras de Compostela.

17.00 h
Na Praza da Quintana, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, inaugura a III Semana do Libro de Compostela (SELIC).

19.30 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais, "Meet the Masters", coloquio dentro das Xornadas de Música Contemporánea en colaboración con Womarts, proxecto europeo que lidera o Auditorio de Galicia. Baixo o título ‘Referencias cruzadas. Compositoras españolas e estadounidenses’, participan María Álvarez Armesto, Anna Bofill Levi, Cruz López de Rego, Margaret Lucia e Mercedes Zavala Gironés.

20.30 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais, concerto da pianista Margaret Lucia dentro das Xornadas de Música Contemporánea: "Compositoras españolas e estadounidenses: homenaxeando ao pasado, abrazando o presente, explorando o futuro".

Compartir: