Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 4 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e da concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, para presentar a nova sinalización das Brañas de Sar.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Xornada de promoción do deporte adaptado, organizada en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado. Na rolda estará a Secretaria da Federación, Susana García Senra.

12.30 h
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visita o Mercado de Nadal. Punto de encontro: rúa Carreira do Conde con Xeneral Pardiñas.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, V concerto "A toda Banda!", dentro do IV Congreso Nacional de Amproband, ‘Asociación de Músicos de Bandas Profesionais’. Dirixido por Luis Cobos, Rafael Sanz-Espert e Casiano Mouriño, participan os e as músicas da Banda Municipal de Santiago e músicos e músicas das 27 bandas profesionais de España.

Compartir: