Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 29 de decembro

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.-Toma de posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
2.- Aprobación inicial do proxecto de orzamento xeral do Concello de Santiago de Compostela para o exercicio 2019.
. Bases de execución do orzamento.
. Cadro de persoal.
3.- Declaración da non dispoñibilidade dos créditos previstos no capítulo 1 do estado de gastos do orzamento municipal para o exercicio 2019, para atender una posible suba salarial dos empregados públicos e os fondos adicionais.
4.- Proposta da Alcaldía sobre determinación da cantidade global dedicada a gratificacións por servizos extraordinarios.
NOTA: haberá streaming.

19.00 h
No Teatro Principal, Bailes e cantos de Nadal coa Colexiata do Sar e Brincadeira, dentro do ciclo "As raíces na pedra".

Compartir: