Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 20 de decembro

9.30 h
En El Romero (rúa Galeras), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e concelleiros e concelleiras do grupo municipal de Compostela Aberta manterán un almorzo informativo cos medios de comunicación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a San Silvestre Compostelá '18. Na rolda estarán Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo; Iván Sanmartín, delegado en Compostela da FGA; e Pati Blanco, director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a gala solidaria "Festiclown". Na rolda tamén estarán Manuel Roxo e Nacho Fungueiriño, de Pallas@s en Rebeldía, entidade organizadora.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión extraordinaria do día 15 de novembro de 2018, núm 17 e á sesión ordinaria do día 15 de novembro de 2018, núm 18.
2- Toma de posesión do cargo de concelleiro de don Antón Barba Pereira (PSdG-PSOE).
3- Aprobación definitiva do Estudo de detalle das parcelas ER-1, ER-2, ER-3, ER-4, ER-5, ER-6, ER-7 e ER-8 do SUNP-14. Tras Paxonal.
4- Aprobación definitiva do Estudo de detalle do ámbito 02 do ARI de Vite. Avenida de Castelao e rúa de Alexandre Bóveda.
5- Aprobación definitiva do Estudo de detalle do ámbito 04 do ARI de Vite. Avenidas de García Lorca e Castelao e rúa de Celso Emilio Ferreiro.
6- Aprobación definitiva do Estudo de detalle do ámbito 05 do ARI de Vite. Rúas de Blanco Amor e de Otero Pedraio.
7- Elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial da Modificación da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.
8- Proposta sobre determinación da cantidade global adicada á produtividade no exercicio 2018.
9.-Proposición do grupo municipal do BNG, para ampliar as prazas para persoas con discapacidade nos centros públicos, de data 10 de decembro, numero de rexistro 283.
10.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, referida á ampliación da rede de saneamento municipal en Coto Dos Olmos (Bando), de data 11 de decembro, numero de rexistro 287.
11.- Proposición do grupo municipal Popular, sobre a garantia do principio da competencia da contratación pública no Concello de Santiago, de data 11 de decembro, numero de rexistro 292.
12.- Escrito da incorporación D. Pedro Rey Sanchiz, como concelleiro do grupo Popular, a órganos municipais.
13.- Dar conta da Execución Orzamentaria primeiro trimestre exercicio 2018.
14.- Dar conta da Execución Orzamentaria terceiro trimestre exercicio 2018.
15.- Dar conta das resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.

20.00 h
Na SGAE, Helen Bertels e Mónica de Nut presentan "Accións Nimias", dentro do FestAlegre.

20.30 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais, "Nadal, ti que cantas", concerto da Coral Solfa, dentro do FestAlegre.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Nadal da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixida por Francesc Prat.

Compartir: