Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 1 de decembro

10.00 h
No Centro Cívico das Fontiñas, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste á xornada "Traballo digno no fogar e nos coidados: situación, perspectivas e retos para a xustiza social", dentro das actividades con motivo do 25N.

12.15 h
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visita o Belén tradicional de San Fiz.

A partir das 16.45 h
Na rúa de San Pedro, última proba do VII circuíto de carreiras saudables CorreSan.
Asiste a concelleira de Deporte, Noa Morales.

17.00 h, 18.00 h e 19.00 h
Na Casa do Matadoiro, charlas "Espazo de látex", a cargo da entidade Sexium, dentro das actividades programadas con motivo do Día Mundial da Sida.

17.30 e 20.30 h
No Auditorio de Galicia, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco presentan "Somos criminais".

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Atlántico presenta "Dúas donas que bailan", de Josep María Benet i Jornet. Con María Barcala e María Ángeles Iglesias e dirección de Xúlio Lago.

Compartir: