Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 5 de outubro

11.00 h
Na Fundación Granell, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recolle o premio ao Concello de Santiago dentro do reto solidario "Recicla, Respira e Supérate. Únete ao reto!" convocado pola Xunta de Galicia en colaboración con Ecoembes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, con Bertrand Mandico, cineasta protagonista dunha retrospectiva en Curtocircuíto. Na rolda participa tamén o director do festival, Pela del Álamo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Nas oficinas de El Correo Gallego no Polígono de Costa Vella, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da 41ª Carreira Pedestre Popular de Santiago.

12.30 h
No Museo Centro Gaiás, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste ao acto de inauguración da exposición "Castelao maxistral".

17.00 h a 20.00 h
Na Praza Roxa, ESPAZO DE ENCONTRO dos Orzamentos Participativos Compostela Decide con área de lecer infantil. O equipo técnico ofrece información sobre o proceso e apoio á votación das propostas cidadás.

20.00 h
No Centro Cívico da Gracia, os concelleiros de Políticas Sociais, Concha Fernández, e Medio Rural, Rafael Peña, asisten ao acto de presentación da exposición "Viron o retrato da fame nos ollos dos lobos", de Emilio Araúxo.

20.30 h
Na igrexa da Merced de Conxo, concerto do Coro Estudio que organiza o Centro Sociocultural de Conxo. Unha proposta de jazz, gospel e outras musicas que pretende achegar o traballo musical dun coro novo dirixido por Xavier Mera.

CURTOCIRCUÍTO, 15º Festival Internacional de Cine
Toda a información en curtocircuito.org

Compartir: