Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 8 de outubro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da sesión.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Dar conta de escrito de renuncia de Dona María Teresa Gutiérrez López ao cargo de concelleira.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar as I Xornadas de audición, linguaxe e comunicación. Na rolda estarán representantes de AGMAL (Asociación Galega de Mestres e Mestras de Audición e Linguaxe).

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a programación da rede municipal de Centros Cívicos para os meses de outubro a decembro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Antón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No parque das Ciencias (rúa Valle-Inclán, tras a igrexa de San Roque), o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste ao acto de colocación dunha placa na honra do científico, matemático e xeógrafo Domingo Fontán, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos equipos participantes na Festa do Deporte 2018.

Compartir: