Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 3 de outubro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde, María Rozas; a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; e Alba María Rodríguez e Mauro Sanín de aCentral Folque para presentar o novo curso da Escola de Música de aCentral Folque e o concerto co que se inaugura, que será este venres no Auditorio de Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a actividade Re/Descubrir o rural, unha das propostas elixidas nos Orzamentos Partipativos de Mocidade. Na rolda estarán representantes de All The Fat e 7H Cooperativa Cultural.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao equipo da Unión de Consumidores de Galicia con motivo do seu 30 aniversario.

19.30 h
Na Zona "C", inauguración de ‘Híbrido’ de Aarón Sanromán. Participan no evento o propio artista e o concelleiro Jorge Duarte.

20.30 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, asiste á 'Carta Blanca: Ezequiel Méndez Vidal’ (fundador do Cineclube Compostela).

CURTOCIRCUÍTO, 15º Festival Internacional de Cine
Toda a información en curtocircuito.org

Compartir: