Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 15 de outubro

10.30 h
Na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do Mundial de Xadrez cadete.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a actividade "Escola de familias".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o III Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada". Na rolda estará a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e Miguelanxo Prado.

XXIII Festival Internacional Galicreques 2018
Toda a programación en galicreques.com

Compartir: