Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta, Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Nobre, recepción á asociación PuntoGal.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, para presentar as actividades con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co director de Institucións da área de Galicia do Banco Santander, Luis Pernas.

13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co director do IES Xelmírez I, Manuel Portas, para falar sobre o 175 aniversario do centro.

14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co doutor Carlos Martín, responsable da organización do 70º Congreso de Otorrinolaringoloxía, que se celebrará na cidade no mes de outubro.

19.00 h
Na Facultade de Filoloxía, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, inaugura os Foros e Cátedras Valle-Inclán e José Ángel Valente.

20.00 h
No Riquela, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao Afterwork organizado por AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios), delegación Santiago.

Compartir: