Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de febreiro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. ASISTENCIA AO PLENO. Referencia: 2023/00009637M.
Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria e extraordinaria dos días 26 de xaneiro e 16 de febreiro de 2023.
2. PLANEAMENTO. Referencia: 2021/00024138T.
Aprobación definitiva do Estudo de detalle de dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva na Praza de Ultreia.
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-01.
Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito 2023-REC-01 por importe de 38.784,04 euros, para aprobar unha parte das OPAS reflectidas na conta 413 a 31.12.2022.
4. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a posta en marcha de políticas sociais e un protocolo contra as agrexións sexuais no ocio nocturno privado en Santiago.
5. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para conectar o núcleo da Veiga no Eixo á rede de abastecemento de auga.
6. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para buscar espazos alternativos para adestrar mentres duren as obras do complexo deportivo de Sta. Isabel.
7. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para o incremento de efectivos nos corpos de policía actuantes na cidade.
8. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a aprobación dun plan específico de dignificación integral do barrio de Sar e as rúas dos Pexigos.
9. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00044712P.
Dar conta da execución do estado de gastos e ingresos do orzamento do concello acumulada a 31/12/2022, así como dos movementos de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias.
10. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00044712P.
Dar conta da execución do estado de gastos e ingresos do orzamento do Organismo Autónomo "Auditorio de Galicia" acumulada a 31/12/2022, así como dos movementos de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias.
11. Dar conta da designación de representantes do grupo municipal Socialista en comisións.
12. Dar conta de resolución da alcaldía de data 16 de febreiro de 2023, de nomeamento de concelleira delegada do medio rural e relacións veciñais da zona rural e membro da Xunta de Goberno.
13. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
14. Comparecencia do alcalde.
15. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1. Formulado por CA para garantir a menor afectación aos lugares de Porto de Conxo e Cruxeiras polas obras da SC-20.
2. Formulado polo BNG para realizar unha regulación e control das zonas de estacionamento na rúa Banquete de Conxo.
3. Formulado polo BNG para resolver o problema de inundacións do río Sar na Ponte de Suarribas.
4. Formulado polo PP para realizar labores de limpeza nas placas informativas das rúas e outros elementos do espazo público.
5. Formulado polo PP para a mellora do firme no cruce das rúas Escultor Camilo Otero e María Miramontes e a colocación dun colector de vidro.
6. Formulado polo PP para unha posible remodelación da illa viaria deseñada na praza do Carballal, na parroquia de Villestro.
7. Formulado por CA sobre as demandas da ANPA do CEIP Raíña Fabiola.
8. Formulado por CA sobre o adecentamento das beirarrúas do Camiño Francés ao seu paso polo barrio de San Lázaro.
Preguntas resposta oral:
1. Formulada por CA sobre as novas iniciativas e políticas públicas de promoción turística presentadas en FITUR.
2. Formulada polo BNG en relación a asignación de postos para o colectivo de persoas artesás.
3. Formulada polo BNG en relación a inclusión dun plan de mellora das obras de Vista Alegre.
4. Formulada polo BNG para proceder á sinalización da ruta cultural e ambiental en Barciela e Marantes.
5. Formulada por CA sobre o control da calidade do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.
6. Formulada polo PP sobre os investimentos destinados ao rural dentro do POS da Deputación.
7. Formulada polo PP sobre a auditoría e o Plan director coas actuacións, orzamentos e prioridades a executar nas instalacións deportivas municipais.
8. Formulada polo PP sobre as medidas adoptadas polo goberno local para mellorar a curto prazo as carencias de aparcamento na contorna do CHUS.
9. Formulada polo concelleiro non adscrito sobre a obra da senda na finca do Psiquiátrico de Conxo na marxe do río Sar para os accesos ao Banquete de Conxo.
Preguntas resposta escrita:
1. Formulada polo PP sobre contratación dun Foro de Turismo Sostible.
2. Formulada por CA sobre o alugueiro dun inmoble da empresa Desproi.
3. Formulada polo PP sobre Cabalgata de Reis.
4. Formulada polo PP sobre a promoción da cidade na rodaxe Honeymoon.
5. Formulada polo PP sobre gastos con cargo ao orzamento por mor da manifestación do 12 de febreiro.
6. Formulada polo BNG sobre a mala situación dos parques infantís.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada por CA pola redacción urxente dun plan estratéxico da cultura.
2. Presentada polo BNG para instar á Xunta a adquirir os edificios de Ciencias da Educación e Enfermaría para destinalos á Escola Oficial de Idiomas.
3. Presentada polo BNG para a mellora dos espazos públicos, a reordenación do tráfico, aparcadoiros e o cambio de emprazamento dos colectores de residuos en Sabugueira.
4. Presentada polo BNG para trasladar á Fiscalía o expediente da contratación irregular coa empresa Desproi que abriu unha crise de goberno local.
5. Presentada polo BNG do 8M para adoptar medidas para loitar contra a pobreza femenina, reducir a precariedade laboral e fomentar a conciliación, cun control das empresas concesionarias de servizos municipais.
6. Presentada polo PP para o impulso do colector xeral do río Sarela e o inicio das obras da nova EDAR.
7. Presentada polo PP para o apoio da revisión da Lei orgánica 10/2022, coñecida popularmente como a "Lei do só si é si".
8. Presentada polo PP con motivo do día internacional da muller, 8 de marzo.
9. Presentada por CA sobre o proxecto de eixo de mobilidade sostible en Santiago de Compostela.
10. Presentada por CA en apoio á escola unitaria o Gaioso e para a continuidade das escolas unitarias no rural de Santiago.
11. Presentada polo concelleiro N/A para promover o diálogo coa veciñanza e as asociacións veciñais sobre os proxectos de reurbanización ou obras que afecten aos seus ámbitos.
12. Presentada por CA sobre as expropiacións na Gracia para a plataforma loxística de intercambio de mercadorías.
13. Moción urxente presentada polo PSdeG-PSOE para a construcción dun aparcamento na contorna do CHUS.

Compartir: