DEPORTES

Unha delegación de 47 deportistas de Compostela competirá na XIV edición dos Xogos do Eixo Atlántico

30/06/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou esta mañá a participación de Santiago na XIV edición dos Xogos do Eixo Atlántico que se van desenvolver na cidade portuguesa de Maia do 4 ao 8 de xullo. A delegación compostelá está formada por 47 deportistas e 10 técnicos, que competirán nas disciplinas de fútbol 7, natación, baloncesto e atletismo adaptado.

Leer más

EDUCACIÓN

Fallado o "XV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados"

29/06/2022

A autora peruana Fabiola del Rocío Anchorena Arias foi a gañadora do XV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado 'Esperando el amanecer', que conta a viaxe dun grupo de animais a través da selva Amazónica para descubrir por que non amence. O premio, que está organizado polo Concello de Santiago e a editorial KALANDRAKA, ten unha dotación económica de 9.000 euros e leva a publicación da obra nas cinco linguas peninsulares.

ATENCIÓN: Os/as autores/as...

Leer más

FESTAS

Galeras encherase de música durante as festas do Apóstolo 2022

29/06/2022

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, acompañado polo organizador Alberto Alfonso, presentou esta mañá un avance do programa das Festas do Apostólo: un ciclo de nove concertos para todas as idades e gustos que terá lugar entre o 23 e o 31 de xullo no parque de Galeras. Rufus T. Firefly, Yoly Saa, Grande Amore ou Bala son algúns dos artistas que pasarán polo escenario cada día desde as 21:00 h.

Leer más

EDUCACIÓN

'Esperando el amanecer', da autora Fabiola del Rocío Anchorena Arias, gaña o XV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

29/06/2022

A autora peruana Fabiola del Rocío Anchorena Arias foi a gañadora do XV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado 'Esperando el amanecer', que conta a viaxe dun grupo de animais a través da selva Amazónica para descubrir por que non amence. O premio, que está organizado polo Concello de Santiago e a editorial KALANDRAKA, ten unha dotación económica de 9.000 euros e leva a publicación da obra nas cinco linguas peninsulares.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello celebra os 20 anos do Estatuto da Capitalidade de Santiago

29/06/2022

O salón nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de conmemoración do 20 aniversario da promulgación do Estatuto da Capitalidade de Santiago, ao que asisitiron o alcalde Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; entre outras autoridades e membros das corporacións acual e de 2002.

Leer más

EDUCACION

O alcalde felicita aos nenos e nenas premiados no concurso "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia

29/06/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presidiu esta tarde o acto de entrega dos premios de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia, e que conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña. Ao concurso presentáronse centos de traballos procedentes de Compostela e doutros 24 municipios da contorna.

Leer más

TURISMO

Santiago promociónase como destino de eventos profesionais nos mercados belga e holandés

28/06/2022

O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción de Santiago como destino de Congresos, participou do 24 ao 26 de xuño en Vitoria nunha xornada de promoción organizada pola Spain Convention Bureau e coordinada polas Oficinas Españolas de Turismo de Bruselas e Amsterdam. O obxectivo é aproveitar as conexións directas tanto con Bélxica coma cos Países Baixos do Aeroporto de Santiago, ampliando a posibilidade de acoller eventos internacionais destes mercados.

Leer más
Compartir: