XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica as actividades de teatro dos centros socioculturais a Talía Teatro por preto de 85.000 euros

31/07/2023

O executivo municipal deu luz verde á adxudicación do contrato que ten por obxecto o servizo de "teatro de barrio" nos centros socioculturais do Concello de Santiago a PRODUCIÓNS TEATRAIS TALÍA SL, cun orzamento de 84.465,02 €. Tamén se acordou manter os prezos públicos e os reducidos nas actividades da rede de CSC para o curso 2023/24, cuxa programación será anunciada nas vindeiras semanas. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

Constituída a nova Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade tras as eleccións locais

29/07/2023

Goretti Sanmartín vén de participar na cidade de Tarragona na constitución da Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entidade na que participará ademais como membro da Comisión Executiva, como vicepresidenta primeira e como presidenta da Comisión de Patrimonio. Na sesión de constitución, a Asemblea acordou impulsar o programa de actos de celebración do 30 aniversario do Grupo e o calendario de promoción internacional

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello de Santiago pon en marcha un servizo de información a pé de rúa sobre a xestión de residuos na cidade histórica

28/07/2023

Este servizo, que comezou a funcionar esta semana, pretende informar a habitantes, visitantes e hostalaría da necesidade de coidar a nosa cidade de xeito colectivo. Durante todo o verán, o persoal de Santiago Sostible informará a pé de rúa en horario de maña e tarde sobre a importancia de manter a cidade limpa e coidada, tanto por ser Patrimonio da Humanidade como para favorecer a convivencia entre a poboación local e todas as persoas que a visitan. Este novo servizo foi presentado esta mañá por Xesús Domínguez,...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

Goretti Sanmartín asistirá este sábado á Asemblea constituínte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en Tarragona

27/07/2023

Trátase da primeira xuntanza do Grupo que se realiza tras a constitución das novas corporacións municipais, polo que ao comezo do acto o presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, entregará as súas respectivas insignias aos novos alcaldes e alcaldesas, entre eles, á rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín. A Asemblea impulsará os actos de celebración do 30 aniversario do Grupo.

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba por unanimidade dúas declaracións institucionais de apoio ao acordo entre a Corporación municipal e o Foro Cívico e de rexeitamento da censura no mundo da cultura

27/07/2023

O Pleno municipal acordou esta mañá de xeito unánime respaldar o acordo subscrito entre as forzas políticas da Corporación municipal e o Foro Cívico de Santiago que fixa como obxectivos prioritarios para abordar neste mandato o estacionamento do CHUS, a solución á escaseza de vivienda na cidade, a xestión do servizo do ciclo integral da auga, a construción da estación de ferrocarril de mercadorías, a creación de solo industrial e dunha oficina de captación de investimentos e o turismo...

Ler máis

FESTAS

A praza da Quintana acollerá o vindeiro sábado a 2ª edición da Feira do Vestir "De onte a hoxe"

26/07/2023

No marco do Día do Traxe Galego que terá lugar o vindeiro sábado 29 de xullo, a praza da Quintana acollerá a segunda edición da Feira do Vestir "De onte a hoxe", cuxo obxectivo é amosar unha visión máis actual e moderna do noso vestiario tradicional. Este evento tamén pretende dar visibilidade a todas aquelas tendas e obradoiros que apostan por seguir mantendo viva a nosa tradición á hora de vestir, pero achegándoa máis aos nosos días.

Ler máis

FESTAS

A quinta edición do TradFest pechará as Festas do Apóstolo con catorce propostas folk en tres escenarios diferentes

26/07/2023

Xurxo Fernandes e Verónica Codesal pecharán o festival presentando os seus novos proxectos na Praza da Quintana. Haberá novas propostas como Mondra, De Ninghures ou Abril, xunto con bandas internacionais como os bretóns Neizh, a banda internacional Mastika e os belgas Duplex. Tamén obradoiros, regueifas e actividades para os nenos desde a mañá, nun enclave único como o parque de Bonaval

Ler máis

URBANISMO

O Concello paraliza as obras nos accesos á parcela da gasolineira de Brandia

26/07/2023

O Concello de Santiago decretou a paralización das obras en execución por Carburantes Lugo SL nos accesos da parcela de Brandia e a suspensión dos usos que destas se derivan, ao non axustarse ás condicións sinaladas no título municipal habilitante pendente da primeira ocupación. Esta paralización e suspensión, asinada o 20 de xullo de 2023, é executiva con carácter inmediato.

Ler máis
Compartir: