DEPORTES

Case 300 judokas participarán esta fin de semana no XVI Trofeo de Judo Cidade de Santiago

13/03/2024

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada por David Neira, delegado comarcal da Federación Galega de Judo e Xaquín Baldomir do judo club base, presentaron esta mañá en rolda de prensa o XVI Trofeo "Cidade de Santiago", que reunirá esta fin de semana en Compostela a 280 judokas de varios lugares de España e Portugal, pertencentes á categoría infantil. O domingo tamén terá lugar a iniciativa XOGAJUDO, para achegar esta disciplina a arredor de 370 cativos e cativas.

Ler máis

EDUCACIÓN

Aberto o prazo de presentación de propostas ao XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

13/03/2024

O Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, dirixido a autores/as e ilustradores/as de todas as nacionalidadese e cunha dotación económica de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos estará aberto desde hoxe, 13 de marzo, ata o 16 de maio e o fallo do xurado darase a coñecer durante a segunda quincena de xuño.

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS E DEPORTES

O Concello colabora con Alcer Coruña na celebración do Día Mundial do Ril

13/03/2024

O Concello de Santiago súmase á celebración do Día Mundial do Ril, e colabora con Alcer Coruña nas actividades que a entidade vai poñer en marcha ao redor do 14 de marzo. O concelleiro de Dereitos e Servizos Sociais en funcións, Xan Duro, deu conta hoxe das diferentes accións, nunha rolda de prensa na que tamén participaron a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, o delegado de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, e o director de Marketing da SD Compostela, Miguel Fernández.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

A riqueza organística de Compostela volve agromar en marzo co ciclo ‘De Lugares e Órganos’

13/03/2024

Do 24 ao 31 de marzo, este programa promovido pola Concellaría de Capital Cultural ofrecerá seis concertos ao vivo e outras actividades como danza, cinema, conversas, itinerarios e exposicións fotográficas. A igrexa de San Paio de Antealtares, a igrexa de Santa Clara, a capela das Ánimas, a igrexa de San Miguel dos Agros e a igrexa da Universidade acollerán os concertos desta edición.

Ler máis

BOMBEIROS

Os nove concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros reiteran o seu compromiso co proxecto

13/03/2024

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe a xuntanza de alcaldes e alcaldesas dos concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros, convocada para explicar os avances neste proxecto. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, deu conta da reunión que mantivo onte coa Xunta e coa Deputación Provincial da Coruña, na que as tres administracións mostraron a súa vontade de ter asinado ao longo deste ano o convenio para desenvolver o parque comarcal.

Ler máis

EDUCACIÓN

XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

13/03/2024

O Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, dirixido a autores/as e ilustradores/as de todas as nacionalidadese e cunha dotación económica de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 16 de maio e o fallo do xurado darase a coñecer durante a segunda quincena de xuño.

Ler máis

DEPORTES

Aberto o prazo de inscrición para a VIII edición da carreira nocturna SantYaGo 10K o vindeiro 27 de abril

12/03/2024

Todas aquelas persoas interesadas poden inscribirse para participar na carreira nocturna SantYaGo 10 K que se celebrará o sábado 27 de abril ás 22:00 horas. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con máis do 50% do seu circuíto na súa zona monumental.

Ler máis

MOBILIDADE

O 15 de marzo ábrese o prazo para renovar as tarxetas de acceso á cidade histórica

12/03/2024

A Concellería de Mobilidade e Convivencia abrirá entre o 15 de marzo e o 30 de abril o prazo para a solicitude de renovación das tarxetas de paso e parada na zona monumental da cidade. O prazo de vixencia destes distintivos é de dous anos, polo que todos aqueles concedidos no ano 2022 e anteriores xa caducaron ou caducarán ao longo deste 2024.

Ler máis
Compartir: