BARRIOS E OBRAS

A Xunta de Goberno ten previsto aprobar este luns a licitación da reforma do Mercado de Abastos

22/04/2023

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar, o próximo luns, a licitación do "Proxecto básico e de execución da reforma da Praza de Abastos", que conta cun orzamento base de licitación de 518.710,53 euros, IVE engadido. O proxecto contempla actuar sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Cambio Climático e a Resiliencia centrarán o martes 25 de abril o terceiro Encontro Emprendedor da Axenda Urbana 2030 de Santiago

21/04/2023

O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago continúa a súa andaina coa terceira sesión. Desta volta, centrarase na temática do Cambio Climático e a Resiliencia. A cita terá lugar o vindeiro martes 25 de abril entre as 10.00 e as 12.00 horas no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). A asistencia é de balde, previa inscrición a través do seguinte formulario en liña.

Ler máis

FESTAS

A Festa dos Maiores terá un custe de 7,5 euros por persoa

21/04/2023

A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou hoxe o prezo público para a Festa dos Maiores: 7,50 euros por persoa usuaria. Tamén se deu luz verde á concesión de subvencións a nove entidades relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento.

Ler máis

EDUCACIÓN

Do 24 de abril ao 7 maio estará aberto o prazo para solicitar praza no programa de conciliación de verán VacaLudos do espazo de lecer María Miramontes

20/04/2023

A partir do 24 de abril e ata o 7 de maio (ambos os dous inclusive) estará aberto o prazo de solicitude de praza para participar nas actividades do programa de conciliación de verán VacaLudos, que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) entre os meses de xuño e setembro.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno acorda solicitar a cesión dun inmoble no Ensanche á Seguridade Social para a posta en marcha dun centro polivalente para as persoas maiores

20/04/2023

O pasado luns a Xunta de Goberno local deu luz verde á solicitude por parte do Concello á Tesouraría Xeral da Seguridade Social da cesión gratuíta de dous locais, situados na planta baixa do número 17 da rúa de San Pedro de Mezonzo, por un prazo de 25 anos, co fin de implantar un centro de atención polivalente dirixido ás persoas maiores. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deron conta deste asunto nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no...

Ler máis
Compartir: