Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:

Noticias

FESTAS

A Banda Municipal de Música e a Real Filharmonía de Galicia súmanse á festa

27/07/2016 A Banda Municipal de Música e a Real Filharmonía de Galicia serán as protagonistas, este xoves, da programación das festas do Apóstolo. »

FESTAS

"Música a pé de rúa" para gozar das festas do Apóstolo con seis grupos locais

27/07/2016 A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá as actuacións da Música a pé de rúa, que encherán tres prazas do Ensanche durante a tarde deste mércores. Na rolda estivo acompañada de dous mozos... »

LINGUA

As rúas volven ser para xogar grazas a un programa do Departamento de Lingua

27/07/2016 Que os nenos e nenas xoguen libremente nas rúas, como se facía antes, e que o fagan ademais utilizando a nosa lingua. É o obxectivo do programa Despois de merendar… a rúa é nosa!, que hoxe presentou o alcalde nunha rolda de prensa na que estivo... »

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Seis nenos e nenas saharauís pasan este verán con familias acolledoras de Santiago

27/07/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios e outros integrantes da Corporación recibiron os nenos e nenas saharauís que pasarán este verán en Compostela no marco do programa Vacacións en Paz. No... »

ESPAZOS CIDADÁNS E ACCIÓN CULTURAL

Seleccionados os cinco proxectos "residentes" para o Matadoiro Compostela

27/07/2016 Xa están seleccionadas as cinco propostas de dinamización do Matadoiro Compostela, dentro da convocatoria aberta á que se presentaron 25 proxectos. O obxectivo é que se de desenvolvan nos meses de setembro e outubro, antes de que se convoque o concurso de arquitectura... »

ALCALDÍA

Santiago de Compostela e Padrón reafirman os seus fortes vencellos

27/07/2016 As festas do Apóstolo tiveron este mércores unha das súas citas máis tradicionais, o Día de Padrón, celebración que tamén se mantén á inversa –na honra de Santiago- na Pascua da vila veciña. Como cada ano, foi o momento de... »

FESTAS

A praza da Quintana acolle mañá xoves a actuación do coro Saint Luc Banabakintu

27/07/2016 A programación das festas do Apóstolo vén de incorporar unha nova actividade, que se vai desenvolver mañá xoves, ás 13:00 horas, na praza da Quintana. Trátase da actuación do coro Saint Luc Banabakintu, un grupo de Costa do Marfil creado en... »

CONSORCIO

O Consorcio saca a concurso as obras de mellora das condicións de uso do Auditorio

27/07/2016 O Consorcio de Santiago vén de sacar a concurso as obras de mellora das condicións de uso do Auditorio de Galicia. As empresas interesadas teñen ata o 17 de agosto para presentar a documentación pertinente. O prazo de execución estimado destes traballos... »

FESTAS

Molotov Jukebox e Banda Crebinsky fixeron bailar ao publico da Quintana

27/07/2016 As festas do Apóstolo viviron este mércores unha das súas xornadas máis musicais. O concerto máis importante do día foi o que ofreceron na praza da Quintana Molotov Jukebox e Banda Crebinsky. »

FACENDA

O Goberno local destinará máis de dous millóns de euros a investimentos financeiramente sostibles

26/07/2016 A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá os proxectos que o Concello de Santiago desenvolverá durante este 2016 con cargo a remanentes do exercicio do 2015. Estes proxectos ascenden a un total de 2.190.400,98 euros e deben cumprir os... »

« Anteriores   Seguintes »

A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía).