CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellaría de Centros Socioculturais súmase ao Día da Danza coas xornadas "Bailando a vida"
O Centro Sociocultural do Romaño acollerá os días 4 e 5 de maio as xornadas "Bailando a vida", organizadas pola concellaría de Centros Socioculturais para celebrar o Día da Danza. Mañá abre o prazo de inscrición para participar na actividade, que tén como obxectivo achegar esta disciplina de maneira activa e inclusiva a calquera persoa, a marxe da súa idade ou condición física.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto para a mellora das instalacións deportivas de Figueiras
O executivo municipal deu luz verde esta mañá ao proxecto básico e de execución para a mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras por un importe de 355.699,97 euros ao abeiro do POS+2024 da Deputación da Coruña. Tamén se acordou o inicio dos trámites para a recepción das obras de pavimentación no lugar de Aradas (A Peregrina) e na rúa Elena Quiroga-A Barca e na Braña da Silvouta, ambas as dúas na parroquia de Villestro, tamén no marco do Plan Único (POS+) da...
COMERCIO
A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" amosa nunha mesa redonda a vida das persoas con esclerose múltiple ou parkinson
O Centro Deportivo Atmósfera Sport acollerá mañá unha mesa redonda para dar a coñecer a realidade das persoas con esclerose múltiple ou parkinson, no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades", coa que colabora o Concello a través do departamento de Comercio. Este mes, a iniciativa está protagonizada pola tenda de deportes, que visibiliza o labor de ACEM, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago conmemora o Día Internacional do Libro coa entrega de balde de publicacións e coa presentación de 'Compostela ilustrada'
A iniciativa do Consorcio de Santiago ten por obxectivo achegar as diferentes publicacións da súa biblioteca á cidadanía e visitantes da Casa do Cabido. O libro 'Compostela ilustrada' presentarase ás 19:00 no Museo do Pobo Galego.
PLENO
A corporación municipal súmase ao apoio ás persoas afectadas polo lupus cunha declaración institucional que se aprobará o vindeiro mércores
O Pleno do Concello aprobará o vindeiro mércores 24, na sesión ordinaria do mes de abril, unha declaración institucional apoiada por todos os grupos municipais que, baixo o lema ‘Non deixes que o lupus gañe: rebélate contra o lupus’, busca visibilizar esta enfermidade cuxo día mundial se celebra o 10 de maio.
MOBILIDADE E OBRAS
Abre o aparcadoiro habilitado polo Concello mentres se realizan as obras de ampliación do CHUS
O Concello de Santiago vén de abrir o aparcadoiro provisional que se acondicionou desde o departamento de Proxectos e Obras, en colaboración con Tráfico, para lles dar servizo ás persoas usuarias do complexo hospitalario mentres se efectúan as obras de ampliación desa dotación sanitaria.
CAPITAL CULTURAL
O Concello súmase á celebración do 25 de abril homenaxeando o cantautor luso Zeca Afonso
Conmemorando os 50 anos da "Revolução dos Cravos" a praza de música acollerá o vindeiro xoves 25 de abril ás 18:30 horas un acto popular aberto a toda a cidadanía para cantar colectivamente a 'Grândola Vila Morena’ de Zeca Afonso, intepretada por primeira vez polo autor no mesmo lugar en 1972. A celebración continuará ás 20:30 horas no Teatro Principal co concerto ‘50 anos de abril’ no que artistas galegos e lusófonos interpretarán varias pezas do cantautor portugues neste evento promovido por...
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Adxudicado o novo contrato do SAF, con máis horas de servizo, melloras na atención ás persoas usuarias e compromiso cos dereitos laborais das traballadoras
A Xunta de Goberno vén de adxudicar, nunha sesión extraordinaria, a xestión do Servizo de Axuda no Fogar á UTE SIAD24-Asistenzia Santiago. O prezo do contrato, de dous anos de duración, será de 12,7 millóns de euros, a totalidade do orzamento previsto na licitación. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, mostrou o seu desexo de que "con esta adxudicación vexamos un antes e un despois no SAF, e consigamos os obxectivos que tiñamos fixados na licitación de mellorar a atención...
ALCALDÍA
Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e de chegada de visitantes". Goretti Sanmartín tamén reiterou a necesidade da creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Santiago nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi.
TURISMO
As empresas e servizos coa distinción de calidade turística do SICTED suben ata 126
Compostela alcanza a súa maior cifra de distinguidos co SICTED dende a recuperación deste selo de calidade no 2018, cando houbo 60 distincións.