CAPITAL CULTURAL
Xosé Carlos Carracedo Porto, gañador da terceira edición do Premio Exeria de creación literaria
A proposta de creación literaria do escritor compostelán Xosé Carlos Carracedo Porto resultou a gañadora da terceira edición do Premio Exeria, co que o autor poderá desenvolver o seu proxecto de novela durante unha estadía dun mes na residencia La Baldi, situada na aldea de Montegiovi (Toscana- Italia), e recibir unha axuda económica de 3.000 euros.
PLENO
O Pleno aproba o destino dos remanentes de 2023 cos que se avanza na creación dun parque de vivenda pública de titularidade municipal en alugueiro
No Pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado esta mañá aprobouse o expediente de crédito extraordinario que permitirá empregar os remanentes para a adquisición de bens inmobles no ámbito do Plan Especial PE-1 para o uso como vivenda pública, actuacións e obras urxentes no ámbito urbano e rural, ou o avance na xestión do ciclo integral da auga. En total, o expediente recolle partidas por un importe total de 6.779.998,82 euros que estará financiado na súa totalidade con remanente líquido de...