FESTAS, TURISMO E CENTROS SOCIOCULTURAIS

O bus de Nadal sobre Rodas continúa a percorrer as rúas da Santiago

30/12/2022

O precioso autobús inglés de dous pisos de Nadal sobre Rodas percorrerá do 4 de decembro ao 5 de xaneiro as diferentes rúas e prazas da cidade, que acollerán divertidos obradoiros de cociña e actuacións musicais de balde para animar as xornadas de compras de Santiago de Compostela!

Ler máis

MOBILIDADE

O Concello de Santiago solicitará ao Goberno Central a subvención para a redución do 50% dos abonos de transporte urbano

30/12/2022

A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, acordou hoxe solicitar as axudas para a redución, á metade dos prezos dos abonos e títtulos multiviaxes do servizo de transporte urbano de viaxeiros. No bono escolar o prezo por viaxe reduciríase de 0,40 a 0,20 euros; no bono ordinario pasaría de 0,60 a 0,30 euros; e o bono mensual, polo que actualmente se pagan 26 euros, costaría 13 euros.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Setecentas personas achegáronse ata a Festa do Apego que cada ano desenovolve o departamento de Lingua Galega

30/12/2022

Unhas 700 persoas pasaron hoxe pola Festa do Apego, que se desenvolveu ata as oito da tarde tarde no Auditorio de Galicia. Entre elas o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol. Unha celebración pensada para as crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias, con propostas que afondan en valores como a dinamización da lingua galega, a educación en igualdade e o achegamento ás diferentes artes: danza, música, narración oral ou artes plásticas.

Ler máis
Compartir: