URBANISMO

O Goberno Municipal ten previsto aprobar este luns a primeira fase das axudas para a colocación de ascensores en edificios de áreas de rehabilitación integral

03/12/2022

O Goberno Municipal de Santiago levará este luns a Xunta de Goberno a proposta de aprobación do procedemento de concesión da primeira fase de subvencións en especie para a mellora da accesibilidade en promocións de vivendas do século pasado, localizadas en barrios e áreas de rehabilitación integral. En total, esta liña de axudas conta cun orzamento de 970.900 euros, con cargo aos fondos EDUSI; dos que 84.000 se destinan a esta primeira fase.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde interésase pola situación da empresa Castrosua e confía en que a recuperación de usuarios do transporte urbano impulse o sector

03/12/2022

Nunha visita ás instalacións da carroceira Castrosua, o alcalde e o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños puideron comprobar de primeira man os pasos que está a dar a empresa compostelá en materia de modernización "renovándose tecnoloxicamente e preparándose para o escenario que vén" explicou Sánchez Bugallo que se amosou confiado en que "a plena recuperación do mercado permita que, a empresa que agora está atravesando ese período de dificultades, poida saír cunha forza...

Ler máis
Compartir: