PLENO

O Pleno municipal aproba por unanimidade do Pacto polo Rural

21/12/2022

O Pleno do Concello de Santiago deu hoxe luz verde á aprobación do Pacto polo Rural, un documento que recolle unha serie de accións concretas a implementar entre o 2023 e o 2030 co fin de mellorar o estado actual do rural municipal. Tamén se aprobou o proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestructura verde da Cidade de Santiago "Entre Sar e Sarela".

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Un total de 22 propostas finalistas aspiran a gañar os Premios Youtubeiras 2022 nunha gala de entrega que se celebrará en Carballo o vindeiro 28 de xaneiro

21/12/2022

O xurado, conformado por Mario Brión (Olanxonmario), Alba Rodríguez, Mónica Fernández, Carmen Nieto e Elvira Nercellas, escolleu como finalistas ao premio Youtubeira/o do ano a Anxo Sánchez, Neeumatiko e La Bisonte. ‘Toxío’, ‘Tonio Cociña Galega’ e ‘Fica Coa Bola’ competirán polo galardón á mellor canle. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, entre eles Santiago de Compostela; polas tres universidades galegas e pola Deputación...

Ler máis
Compartir: