XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a licitacion da senda peonil da rúa da Medorra e dunha pista multideporte e un parque infantil en Roxos

19/12/2022

A Xunta de Goberno Local, aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación de dúas obras no rural, unha pista multideporte e un parque infantil en Roxos-Quintáns e a senda peonil da rúa da Medorra, que saen a licitación por un importe conxunto de 323.324,84 euros. Estas dúas actuacións, que van ser executadas pola concellaría de Medio Rural que dirixe José Manuel Pichel, enmárcanse no POS +2022 (Plan provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal. Plan único de concellos)...

Ler máis

MOCIDADE

Mañá, martes, ábrese o prazo para solicitar o programa de residencias do Centro Xove de Creacion Cultural

19/12/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou o Programa de Residencias do Centro Xove de Creación Cultural, que depende da concellaría de Mocidade, que dirixe Rubén Prol. O obxectivo deste programa, que é a primeira vez que se leva a cabo, é ofertar un espazo para dar cabida a novos creadores no que poidan crear e dar forma a proxectos no ámbito das artes (teatro, danza, música, etc) a través dun sistema de residencias temporais nas que se acollan iniciativas de creadores mozos, de entre 14 e 35 anos de idade.

Ler máis
Compartir: