TURISMO

Os beléns de San Fiz recibiron xa máis de 11.000 visitas

15/12/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado dos concelleiros de Acción Cultural e Centros Socioculturais, Mercedes Rosón; e de Turimo, Sindo Guinarte, visitou hoxe os beléns de San Fiz de Solovio; o montado por José Uzal e o realizado polas persoas usuarias da rede de CSC. Nos seus primeiros trece días de apertura, entre o 2 e o 12 de decembro, recibiron a visita de 11.366 persoas. Esta cifra supón o mellor dato de visitantes dende que Turismo de Santiago asumiu por primeira vez a instalación do belén...

Ler máis

COMERCIO

Ábrese o prazo de inscrición para os concursos de decoración de escaparates e de vivendas particulares

15/12/2022

A partir de mañá todos aqueles establecementos que o desexen poderán presentar os seus escaparates decorados con motivos de Nadal a este concurso e optar por un dos seis premios económicos. Con esta iniciativa preténdese atraer a atención da clientela e aumentar así o consumo e as ventas durante este período vacacional. Tamén arranca mañá o prazo de inscrición no I Concurso de Decoración de Nadal Veciñal que recompensará as vivendas particulares coas fachadas, balcóns e...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde salienta que Santiago conta con investimentos comprometidas ou en execución por parte de todas as administracións por valor de máis de 300 millóns de euros

15/12/2022

Nun encontro coa prensa local, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, fixo balance das actuacións do Concello no último ano "con pasos importantes" na construción da estación do AVE, a EDAR, o enlace Orbital e o Orbitaliño, así como na autovía de Lugo e en materia industrial, coa ampliación do tecido produtivo co Biopolo da Sionlla como gran proxecto que comezará a funcionar en xaneiro do próximo ano. Con vistas á corto e medio prazo, destaca que na cidade hai máis de 300 millóns de...

Ler máis
Compartir: