PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Consello Económico e Social do Concello mantén hoxe unha nova xuntanza na que se presentarán os avances no proxecto da Axenda Urbana 2030

12/12/2022

O Consello Económico e Social do Concello de Santiago, órgano de participación das asociacións e entidades do ámbito socioeconómico no seguimento das cuestións da cidade e na determinación das medidas e decisións que se toman para o futuro, celebra hoxe un novo encontro no edificio CERSIA de San Lázaro presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba as licitacións dunha zona de xogos infantís no Avío e do servizo de conservación e instalación da sinalética municipal

12/12/2022

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou a licitación do servizo de conservación, mantemento, reposición e nova instalación da sinalización do termo municipal para os próximos tres anos por 1.949.153,44 euros; e do contrato mixto, de obras e subministración, para a creación dunha zona de xogos infantís no parque do Avío, que conta cun orzamento de 117.817,34 euros. Tamén se deu luz verde á resolución das subvencións para o fomento do deporte federado,por un importe de 299.999,76 euros, das...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

aRi[t]mar entrega este xoves os premios anuais da música e a poesía galego-portuguesas

12/12/2022

Lúa Mosquetera e Wilma Vieira, na categoría de poesía, Xisco Feijóo e Ana Moura, na de música, e Ponte... nas Ondas! recibirán os galardóns nunha gala que contará coas actuacións da artista lusa A garota não e da galego-arxentina Catuxa Salom. As entradas para asistir de público ao Teatro Principal poderán adquirirse de balde en compostelacultura.gal a partir deste martes día 13.

Ler máis
Compartir: