SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local súmase á campaña de control de drogas e alcol da DXT

02/12/2021

Dende o 6 ao 12 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control da taxa de alcol e presencia de drogas en condutores. Esta campaña súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local, que ten previsto anticiparse á entrada da campaña e realizar un mañá venres.

Ler máis

OBRAS

O departamento de Obras arranxou no que levamos de ano máis de 300 bancos e realizou labores de mantemento en máis de 150 beirarrúas

02/12/2021

No que levamos de ano, o departamento de Obras realizou actuacións de mantemento en máis de 150 beirrarúas e arranxou máis de 300 bancos, 284 metros de pasamáns e 28 metros de barandas. Son datos ofrecidos polo concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, que en rolda de prensa tamén informou dos labores de mantemento en máis de 2.000 metros de sendas e a limpeza de case 4.000 metros cadrados de de superficie de fincas urbanas.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Concello e Cámara convocan a XXII edición do Premio Manuel Beiras

02/12/2021

Cada ano, nas semanas previas á entrega dos premios Manuel Beiras, desenvólvese unha campaña para lembrar a convocatoria, animar a que se presenten candidaturas e transmitir os obxectivos do premio. Neste 2021, as accións publicitarias xiran arredor do lema "Ti tes o poder" e buscan resaltar a capacidade do público consumidor para influír na escolla lingüística dos negocios, á vez que lles explica a estes que elixindo galego están dándolles valor estratéxico. Deron os detalles da campaña en...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba a concesión e pagamento das axudas á restauración, hospedaxe e turismo, das que se beneficiarán 463 empresas e negocios de Santiago

02/12/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou hoxe a aprobación da concesión, xustificación e pagamento das "Axudas para o rescate da restauración, hospedaxe e turismo do Concello de Santiago afectado pola crise da covid-19. Anualidade 2021". Desta convocatoria, á que se presentaron 610 solicitudes, beneficiaranse 463 empresas e negocios compostelás que percibirán 1.747.105 euros.

Ler máis
Compartir: