ALCALDÍA

O alcalde, satisfeito co compromiso do Goberno español co Ano Santo e cos Camiños de Santiago

06/03/2020

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresou a súa "satisfacción" por "ver que o Goberno central comprende e comparte o compromiso co Ano Santo 2021 e cos Camiños de Santiago. Así o indicou nunha rolda de prensa na que valorou as reunións mantidas este xoves coa ministra de Industria, Reyes Maroto; coa titular de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes; e coa subsecretaria de Facenda, María del Pilar Paneque. "Estou francamente satisfeito das xestións desenvolvidas e da receptividade atopada",...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Unha bufanda vermella para Valle-Inclán

06/03/2020

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiu este venres no paseo dos Leóns da Alameda ao acto de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Tamén asistiron o voceiro municipal do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, e as concelleiras Branca Novoneyra (CA) e Navia Rivas (BNG).

Ler máis

EDUCACIÓN

Recepción a alumnado de intercambio de Guimarães e Compostela

06/03/2020

A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu este venres un grupo de estudantes do Colégio do Ave de Guimarães e do Colexio Manuel Peleteiro, no marco do programa de intercambio SAW (School At Work International). No acto tamén participaron os concelleiros José Antonio Constenla (PP) e Rafael Peña (CA), e a voceira municipal do BNG, Goretti Sanmartín.

Ler máis

EDUCACIÓN

Ábrese a inscrición no Programa de Conciliación de Semana Santa

06/03/2020

O Departamento de Educación abre o prazo de inscricion para o Programa Municipal de Conciliación Laboral e Familiar de Semana Santa, que se desenvolverá os días 6, 7, 8 e 13 de abril. Este programa comprende un conxunto de actividades a realizar nas instalacións do CEIP Monte do Postes e do CEIP Cardeal Quiroga Palacios. O prazo de inscrición estará comprendido entre o luns 9 e o venres 20 de marzo.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Inaugurada a mostra "Eu, muller. Ti, cómplice. Elas, loitadoras", de Fademga

06/03/2020

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asistiu no Centro Abanca Obra Social á inauguración da exposición Eu, muller. Ti, cómplice. Elas, loitadoras, organizada por Fademga Plena Inclusión Galicia, que pode verse hoxe venres e mañá sábado. No marco da inauguración desta exposición, leuse un manifesto con motivo do Día da Muller, seguido dunha mesa de experiencias.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago remata as obras de mantemento na igrexa de San Caetano

06/03/2020

O Consorcio de Santiago rematou as obras de mantemento da igrexa de San Caetano, por un importe global de 19.758,63 euros. O responsable deste proxecto é o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio Pablo Tomé. Explica que "o problema fundamental da capela era o relativo á súa imaxe exterior. Podíase apreciar certa deterioración da pintura e da pedra nas catro fachadas, fundamentalmente nos muros que sobresaen do tellado para formar o cruceiro do corpo central do inmoble".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Os contos de lobos das Bífidas quentan motores para o Festival Atlántica, que se inaugura o mércores

06/03/2020

O dúo As Bífidas, formado por Lidia Luna e Cris de Caldas, será o protagonista da segunda sesión de "Quentando motores para Atlántica", un evento que serve de prólogo para a oitava edición do Festival de Narración Oral que comeza oficialmente o vindeiro mércores, 11 de marzo. Este espectáculo, dirixido ao público adulto, vaise desenvolver no local Modus Vivendi a partir das 21:00 horas e a entrada terá un custo de cinco euros.

Ler máis
Compartir: