ALCALDÍA

O proxecto básico da futura intermodal será presentado a finais deste mes

13/09/2019

O proxecto básico da futura estación intermodal de Compostela será presentado este mes de setembro, segundo anunciou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, tras a xuntanza que mantivo este venres co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os demais voceiros municipais. Logo, o rexedor e o delegado visitaron as obras realizadas por Adif na estación de ferrocarril de adecuación á chegada do AVE.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Entregadas as 54 parcelas do Campo das Hortas

13/09/2019

As hortas urbanas municipais son espazos dentro das zonas verdes da cidade que o Concello cede durante catro anos aos cidadáns para uso hortícola. Con estas parcelas establécese un novo concepto de espazo verde que supón unha mellora ambiental para cidades, así como da calidade de vida dos seus cidadáns, onde a participación cidadá é fundamental pois son froito do traballo e coidado dos propios usuarios, a diferenza dos xardíns e parques, coidados e mantidos polos servizos municipais.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia celebra a vindeira semana un ciclo de concertos gratuítos en barrios da cidade

13/09/2019

A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG inicia a vindeira semana un ciclo de concertos gratuítos en barrios emblemáticos da cidade compostelá, baixo a batuta do seu director titular e artístico, o mestre Paul Daniel.

Ler máis
Compartir: