ALCALDÍA

Santiago celebra o nacemento de Rosalía con música, visitas guiadas e actividades infantís

19/02/2019

Santiago vai celebrar o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades no que participan varias concellerías, coa colaboración da asociación veciñal do Ensanche, Raigame, e da Fundación Rosalía de Castro. A Semana de Rosalía en Compostela vaise prolongar ata o próximo 28 de febreiro, con actividades nas que se implica o tecido hostaleiro e comercial do Ensanche e Conxo, e na que destacan como os concertos de Amancio Prada e Uxía.

Ler máis

FACENDA

O Concello aproba varios modificativos de crédito por importe de preto de tres millóns de euros

19/02/2019

O Concello de Santiago vén de aprobar, vía decreto da Concellaría de Facenda, varios modificativos de crédito do orzamento prorrogado que permitirán acometer investimentos importantes para o conxunto do municipio. Destes modificativos deron conta esta mañá o concelleiro de Facenda accidental, Xan Duro, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial, Rafael Peña.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

"Descarboniza! Que non é pouco..." chega a Donostia

19/02/2019

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a súa homóloga no Concello de Donostia, Ane Oyarbide, mantiveron hoxe unha xuntanza por videoconferencia para coordinar o inicio do proxecto Descarboniza! Que non é pouco... na cidade vasca. O programa aterrará en San Sebastián grazas ao financiamento da Fundación Biodiversidade.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Abre no Auditorio de Galicia a exposición "Formas do deseño. Galicia XXI"

19/02/2019

O Auditorio de Galicia inaugura a exposición Formas do deseño. Galicia XXI, producida polo propio Auditorio e a Fundación DIDAC. A mostra pon en valor o deseño galego e abrirá as súas portas este mércores 20 de febreiro, ás 20:00 horas, nun acto no que participarán o alcalde da cidade, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; os comisarios da exposición, David Barro e Mónica Maneiro; a subdirectora do Auditorio de Galicia, Silvia Modia; así como...

Ler máis

ALCALDÍA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O alcalde analiza ante o Foro Cívico a internacionalización turística e a situación do emprego en Compostela

19/02/2019

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o concelleiro de Medio Rural e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuníronse hoxe cos membros do Foro Cívico para dar conta da internacionalización turística de Compostela e a situación do emprego.

Ler máis
Compartir: