TURISMO

Unha nova mouteira do Camiño en Pistoia reforza os lazos de Compostela coa cidade italiana

23/11/2019

O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo de Santiago de Compostela, Sindo Guinarte, asistiu na praza do Duomo de Pistoia á colocación dunha mouteira, que sinala os 2.505 quilómetros que separan ambas cidades e reforza os lazos do Camiño de Santiago coa localidade italiana. No acto tamén estiveron presentes a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira; o alcalde de Pistoia, Alessandro Tomasi; o bispo da localidade, Fausto Tardelli; e a prefecta da provincia de Pistoia, Emilia Zarrilli.

Ler máis
Compartir: