ALCALDÍA

Recepción en Raxoi a Tomas Lindahl, Premio Nobel de Química 2015

19/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Tomas Lindahl, Premio Nobel de Química 2015, que está a participar no Programa ConCiencia, organizado pola USC e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. O científico sueco asinou no Libro de Honra, nun acto no que tamén participaron os voceiros municipais do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; de Compostela Aberta, Martiño Noriega; e do BNG, Goretti Sanmartín.

Ler máis

EDUCACIÓN

"O libro educativo na era dixital", lema do simposio que a Asociación Galega de Editores celebra en Santiago de Compostela o 21 e 22 de novembro

19/11/2019

O simposio O libro e a lectura, da Asociación Galega de Editoras, alcanza a súa edición número 16 nun encontro que se celebrará no auditorio do Consello da Cultura Galega na mañá e tarde do xoves 21 de novembro e durante a mañá do venres 22 de novembro. Contará coa intervención de Antón Costa e Gregorio Luri, que impartirán as conferencias de apertura e peche, e de profesoras e representantes das editoras de libro educativo, que participarán en tres mesas redondas e nun panel de...

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo asistiu ao acto de apertura da primeira estación de carga de gas natural para vehículos en Santiago de Compostela

19/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro; o delegado de Proyectos Movilidad Zona Norte-Portugal en Naturgy, José Antonio Sánchez Loureda; o xerente da estación de servizo Staroil, Juan Lago; e a directora de Mercagalicia, María Vázquez, inauguraron este martes a primeira estación pública de carga de gas natural para vehículos en Santiago de Compostela, situada en Mercagalicia, no Polígono Industrial do Tambre. Tamén participaron os...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Auditorio e a Fundación DIDAC presentan o libro "Formas do deseño. Galicia XXI", editado con motivo da mostra recentemente celebrada no recinto

19/11/2019

Este mércores 20 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación da publicación Formas do deseño. Galicia XXI, editada con motivo da exposición recentemente celebrada no Auditorio de Galicia. A presentación será na sala circular do Auditorio de Galicia e contará coa presenza de Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; David Barro e Mónica Maneiro, comisarios da exposición; e María Ramos, deseñadora e participante na mostra.

Ler máis
Compartir: