XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o inicio de licitación da reurbanización de Batalla de Clavijo e da reforma do parque da praza da Constitución

10/08/2018

A Xunta de Goberno vén de aprobar, na súa sesión ordinaria deste venres, o inicio do procedemento de adxudicación de dous proxectos "moi demandados pola veciñanza", como son a reurbanización da rúa Batalla de Clavijo e anexas (fase I) e as obras de reforma do parque infantil da praza da Constitución (pistas de skate). Ambas actuacións supoñen un investimento de algo máis de 875.000 euros.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ampliado ao 10 e 11 de setembro o Programa Municipal de Conciliación

10/08/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe ampliar dous días máis o Programa de Conciliación do Verán, que mantén o Concello coa empresa Actividades Lúdicas de Galicia SL. Así, o programa terá lugar tamén os días 10 e 11 de setembro dado o cambio que se produciu no calendario do vindeiro curso escolar.

Ler máis
Compartir: