TURISMO

Catro ilustradoras debuxarán os parques de Compostela no proxecto "O Camiño Urbano"

01/06/2018

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a comisaria do proxecto O Camiño Urbano, Gemma Sesar, presentaron este proxecto no que catro ilustradoras estarán do 30 de maio ao 3 de xuño debuxando os seus parques e xardíns e os entornos naturais das entradas do Camiño de Santiago na cidade. Coas ilustracións que fagan estes días editarase un libro que amosará o atractivo verde de Santiago.

Ler máis

INFORMÁTICA

Empeza o proceso para a implantación da Administración Electrónica

01/06/2018

Este venres deu comezo o proceso interno para a implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago, cunha primeira xuntanza de coordinación que estivo presidida polo concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro. A empresa adxudicataria informou ao secretario, ao tesoureiro e o vicetesoureiro municipais dos primeiros pasos a dar para lograr a modernización global da xestión municipal. O Goberno destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Obradoiros, conversas, música, paseos e xogos, no sábado que a SELIC dedica a Salvador García-Bodaño

01/06/2018

A SELIC amplía o seu programa e horarios na fin de semana. O sábado 2 de xuño, a carpa instalada na Quintana abre as súas portas ás 11:00 horas para abeirar unha intensa xornada chea de actividades para todos os públicos. Ao comezo do día, a Libraría Lila de Lilith e a plataforma A Sega trasladan á feira o club de lectura Olladas Cruzadas, no que Paula Gómez del Valle modera a conversa sobre os libros Sangue 12, de Cris Pavón, e Saturno tamén é Deus, de Uxía...

Ler máis
Compartir: