ACCIÓN CULTURAL

O Auditorio exporá as fotografías galegas de Francesc Català-Roca

03/05/2018

Cando se cumpren vinte anos do pasamento de Francesc Català-Roca (Valls, Tarragona, 1922 – Barcelona, 1998), o Auditorio de Galicia presenta unha importante escolma da obra dun dos fotógrafos capitais na historia da imaxe. O 9 de maio, ás 20:00 horas, a Sala Isaac Díaz Pardo acollerá a inauguración da mostra Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976, coproducida polo Concello de Santiago, o Auditorio de Galicia, o Concello da Coruña e o Kiosko Alfonso.

Ler máis

FESTAS

Comeza o reparto de entradas e convites para os espectáculos da Ascensión

03/05/2018

Coas festas da Ascensión ás portas, Acción Cultural principia a distribución de entradas e invitacións para os espectáculos e actividades de acceso limitado que se inclúen no programa. Entre elas, as entradas para a XXI edición da Festa dos Maiores en Amio, que comezaron a venderse onte no Teatro Principal. Cun prezo de de 7,50 euros, inclúen xantar e actuación musical do grupo Alma Latina, e poderanse adquirir ata o 11 de maio no despacho de billetes do Teatro e en horario de 11:00 a 14:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibe a Plataforma Queremos Galego

03/05/2018

O alcalde recibiu hoxe no Pazo de Raxoi os representantes da Plataforma Queremos Galego, responsables da convocatoria da manifestación que o próximo 17 de maio percorrerá as rúas de Santiago baixo o lema "En galego, día a día". Martiño Noriega expresou o seu apoio á marcha, que partirá ás 12:00 horas da Alameda.

Ler máis
Compartir: