XUNTA DE GOBERNO

Solicitada a inclusión na EDUSI do proxecto para a rehabilitación enerxética dos edificios municipais

16/02/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitar a inclusión na EDUSI do proxecto de Rehabilitación Enerxética de Edificios de Titularidade Municipal. A operación ten un orzamento total de 520.000 euros, dos que 416.000 procederían de fondos FEDER. Para iso, o Ministerio de Facenda deberá aceptar a súa incorporación á Estratexia de Desenvolvemento Sostible Integrado.

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local fará controis no transporte escolar entre o 19 e o 23 de febreiro

16/02/2018

A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha nova campaña de control do transporte escolar. No marco da mesma, a Policía Local realizará inspeccións entre o 19 e o 23 de febreiro, e o seu obxectivo é revisar que se cumpran os requisitos obrigatorios relativos ao transporte de menores en idade escolar, como o uso do cinto de seguridade, o acompañamento dunha persoa adulta autorizada ou a documentación actualizada do vehículo.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio remata as obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha

16/02/2018

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, interveuse na igrexa de Santa Cristina de Fecha, situada na parroquia homónima. O organismo interadministrativo destinou a esta obra un orzamento de 27.291,05 euros.

Ler máis

TURISMO

Turismo colabora co I Camino de Santiago Film Festival, que se celebrará en Boston (USA)

16/02/2018

A concelleira de Turismo, Marta Lois, participou na presentación da primeira edición do Camino de Santiago Film Festival, que se celebrará do 12 ao 14 de outubro en Boston, e que conta coa colaboración de Turismo de Santiago, que aproveitará o evento para manter xuntanzas con axentes de viaxes e profesionais do sector turístico da costa Este dos Estados Unidos.

Ler máis

TURISMO

O Santiago Convention Bureau estará por primeira vez no Congreso de Empresas Organizadoras de Congresos

16/02/2018

Turismo de Santiago estará presente por primeira vez no Congreso Nacional de Empresas Organizadoras de Congresos de España, que este ano celebra en Alcalá de Henares a súa trixésima edición do 15 ao 17 de febreiro. Turismo de Santiago participa a través do seu servizo propio para a captación de Congresos, Eventos e Xornadas, o Santiago de Compostela Convention Bureau.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba definitivamente os orzamentos de 2018

16/02/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe a aprobación definitiva dos orzamentos de 2018, ao tempo que desestimou as alegacións presentadas ao proxecto. O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que as contas terán que ser ratificadas polo Pleno da Corporación antes da súa entrada en vigor.

Ler máis
Compartir: