POLÍTICAS SOCIAIS

O Centro de Atención Integral ás Persoas sen Fogar contará con área residencial e centro de día

13/02/2018

O Goberno local financiará con cargo á EDUSI a creación dun Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar, que estará localizado no edificio que ocupa actualmente o Centro de Interpretación Ambiental de Belvís. O proxecto está orzado nun millón de euros e o obxectivo é que o centro estea rematado ao longo de 2020. O novo servizo contará tanto cunha área residencial como cunha zona para a atención diúrna.

Ler máis

CONSORCIO

Últimos días para solicitar as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica

13/02/2018

O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico. O prazo para pedir estas axudas remata o luns 19 de febreiro.

Ler máis

FESTAS

A comparsa "Estrelas da noite" e a carroza "Ciklon", gañadoras do concurso do martes de Entroido

13/02/2018

Malia a choiva, Compostela botouse á rúa para acompañar o desfile do martes de Entroido 2018. Centos de persoas esparexidas polos diferentes barrios da cidade, presenciaron a ruada que partiu da avenida de Ferrol ás 17:30 horas para pór rumbo ás rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. O punto de maior concentración foi a praza de Galicia, onde agardaba o xurado.

Ler máis
Compartir: