EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Amplíase o prazo para o Programa Municipal de Conciliación de Nadal ata o 17 de decembro

10/12/2018

As actividades do Programa de Conciliación de Nadal están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e desenvolveranse os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018, e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido. A Concellería de Educación e Cidadanía ampliou o prazo de inscrición ata o luns 17 de decembro.

Ler máis

CONSORCIO

O clarinetista finlandés Kari Kriikku toca esta semana coa RFG o "Concerto para clarinete" que Magnus Lindberg compuxo para el

10/12/2018

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro será o mércores 12 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O xoves 29, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono. E o venres 14, a RFG trasladarase á Coruña, onde tocará no Palacio da Ópera da cidade, ás 20:30 horas.

Ler máis
Compartir: