ALCALDÍA

O alcalde recibiu a presidenta da Asemblea Lexislativa dos Azores

15/09/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi a presidenta da Asemblea Lexislativa da Rexión Autonóma das Illas dos Azores, Ana Luísa Pereira Luís. No acto, no que tamén participou o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, representantes municipais e tamén da Asemblea dos Azores, Ana Luís asinou no Libro de Honra da Cidade.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS E MOCIDADE

Compostela acolle o segundo Festival de Muralismo e Graffiti ata o 24 de setembro

15/09/2017

As concelleiras de Mocidade, Noa Morales, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron o II Festival de Muralismo e Graffiti de Santiago. O festival, leva título Compostela Contemporánea, celébrase do 15 ao 24 de setembro. Inclúe actividades como a creación de graffitis e murais e conferencias sobre a arte urbana.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Iniciada a licitación do alumeado de Nadal

15/09/2017

A Xunta de Goberno de hoxe deu luz verde ao inicio de licitación do subministro de instalacións eléctricas temporais para alumeados festivos das rúas, prazas e espazos públicos do Casco Histórico, Ensanche e parroquias de Santiago de Compostela durante as festas de Nadal 2017 e 2018.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto presenta a obra cinematográfica de Alberto García Alix e Stuart Staples

15/09/2017

A décimo cuarta edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, amosará o traballo feito dende detrás da cámara do músico Stuart Staples e do Premio Nacional de Fotografía Alberto García-Alix. Segundo o director, Pela del Álamo, dentro da filosofía do festival "é importante amosar os traballos de creación periféricos de cada artista, en diálogo con outras disciplinas que non son as súas naturais. Curtocircuíto debe buscar os lugares de cambio,...

Ler máis
Compartir: