CONSORCIO

A Real Filharmonía celebra este venres un concerto na nave 5 da Praza de Abastos e outro no CSC das Fontiñas

14/09/2017

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos nos centros socioculturais de Santa Marta, Vite e Fontiñas e un na Praza de Abastos. Estas actuacións, que son gratuítas ata completar o aforo, buscan achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. A primeira cita foi este mércores en Santa Marta, hoxe xoves terá lugar un concerto no CSC de Vite e mañá venres no das Fontiñas; ambos os dous ás 20:00 horas. Tamén mañá venres, ás 13:00 horas, a nave 5 da Praza...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O III Camiño da Diversidade mobilizará varios centos de peregrinos este sábado

14/09/2017

A Fundación Ingada, Instituto Galego de TDHA e Trastornos Asociados, convoca o III Camiño da Diversidade, para a sensibilización da sociedade sobre a diversidade das persoas e que a vexan coma un valor. A marcha será este sábado 16 de setembro. Partirá ás 10:00 horas, dende A Escravitude (Padrón) ata Santiago. Entre as actividades desta edición haberá fotografía, música e sensibilización co medio ambiente.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Primeiro bonotaxi en Santiago para persoas con dificultades de mobilidade

14/09/2017

O Concello de Santiago implantará, por primeira vez, un bonotaxi individual para as persoas con dificultades de mobilidade ou para o uso do transporte público. O prazo para solicitar estas axudas será de 30 días naturais dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A documentación presentarase no Rexistro Xeral do Concello.

Ler máis
Compartir: