FESTAS

O programa "Artellando" leva as festas a toda a cidade con máis de vinte actividades distintas

07/07/2017

O ciclo Artellando volverá levar o ambiente festivo a toda a cidade, con máis de vinte actividades distintas programadas no marco do Apóstolo 2017. A tenente de alcalde María Rozas debullou hoxe a programación, nunha rolda de prensa na que tamén participaron representantes das entidades que participan do Artellando: Fran Rei, de Culturactiva; Mauro Sanín, da Central Folque; José Expósito, de Pista Catro; e Mariola Cerdeiro, de Urdime.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Convocadas por primeira vez axudas de cooperación ao desenvolvemento

07/07/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou este venres a primeira convocatoria de axudas de cooperación ao desenvolvemento, que teñen como obxectivo realizar proxectos concretos en países empobrecidos. Na rolda tamén estivo o presidente da Coordinadora Galega de ONG, Alejandro Quiñoá.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

As festas do Apóstolo, o ciclo "TerraZeando" e o programa "Vive o verán" protagonizan a Compostelánea de xullo

07/07/2017

Xa se pode consultar e levar para a casa o duodécimo número da revista Compostelánea, a publicación mensual elaborada por Turismo de Santiago e a Concellaría de Acción Cultural que informa da oferta turística, cultural e de ocio da cidade. Esta revista naceu en xullo de 2016 para ofrecer a habitantes e visitantes de Santiago unha guía práctica para sumarse con boa información á vida activa na cidade.

Ler máis

LINGUA

O Concello volve colaborar coa Gala aRi(t)mar de música e poesía galego portuguesas

07/07/2017

O Teatro Principal acollerá o 31 de outubro a segunda gala de entrega dos Premios aRi(t)mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesa, impulsados pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co obxectivo de recoñecer e afianzar os vínculos lingüísticos e culturais ás dúas beiras do Miño. A iniciativa conta co apoio do Concello de Santiago e das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.

Ler máis
Compartir: