DEPORTE

O Concello e a EDS organizan o II Torneo Memorial Antonio Bermúdez

20/06/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o II Memorial Antonio Bermúdez, organizado polo Concello e a Escola Deportiva Santiago. Na rolda estivo acompañada polo presidente da mesma, Santiago Araújo; o director técnico do torneo, Óscar Vilariño; e o fillo do coñecido locutor homenaxeado, Toño Bermúdez.

Ler máis

CULTURA

O Auditorio comeza unha nova etapa da man de Xaquín López

20/06/2017

O novo director-xerente do Auditorio de Galicia avanzou hoxe a súa intención de mellorar as estratexias de relación do organismo, "apostando por un modelo máis relacional no que se teñan en conta as necesidades dos públicos e no que se garanta a accesibilidade de todos e todas á programación cultural". Foi no transcurso dun encontro cos medios de comunicación no que Xaquín López estivo arroupado polo alcalde.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Programa Municipal de Conciliación de Verán 2017

20/06/2017

O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago realiza un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2017 (xuño-xullo e setembro). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de...

Ler máis
Compartir: